Programa de ocio verán 2025

OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E FESTAS

XXV FESTA DOS NENOS (inchables e festa da escuma)

Data celebración:VENRES, 6 DE XUÑO
Horario:A PARTIR DAS 16:30 h
Lugar:PRAZA DO CONCELLO (se fai mal tempo esta celebración trasladárase ao pavillón municipal de deportes)

ANDAINA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO

Data celebración:DOMINGO, 22 DE XUÑO
Horario:10:30 h, ACTUACIÓN DA BANDA INFANTIL DE MÚSICA DA ESCOLA DE MÚSICA
11:30 h, SAÍDA DA ANDAINA
Lugar:PRAZA DO CONCELLO (se fai mal tempo a saída será do pavillón municipal)
Cota:GRATUÍTA (Haberá food truck, cortador de xamón (porco celta) e filloeiras de Muimenta na Praza do Concello)

XXXI FESTA DOS XUBILADOS

Data celebración:VENRES, 4 DE XULLO
Horario:MISA SOLEMNE ÁS 13:30 h
Lugar:ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL

XVII FEIRA DA ARTESANÍA

Data celebración:SÁBADO, 5 DE XULLO
Horario:A PARTIR DAS 12:00 h
Lugar:PRAZA DO CONCELLO, RÚAS DO CENTRO E ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL

A TER EN CONTA:

As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de  2 meses, 10 €, cursos de 3 a  4 meses, 20 € e de 5 meses en diante, 30 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.

A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou a imprevistos que poidan xurdir.

Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08 ou na páxina web municipal  outeiroderei.gal